martes, 22 de julio de 2014

José Rodríguez, novo xogador herculino

O canteirán madridista chega cedido ao Deportivo ata final de tempada. Por outra parte, Cuenca abandona a concentración en Colombia por unha inoportuna lesión.


jose rodriguez




José Rodriguez (Villajoyosa, Alacant, 1994) é novo xogador branquiaul á espera do pertinente recoñecemento médico. O xa ex-madridista formouse no Real Madrid Castela, en Segunda Divisón, onde disputou 37 partidos nos cales meteu catro goles e deu catro asistencias. É considerado unha das grandes perlas da canteira madridista, chegando a debutar co primeiro equipo na Liga de Campións da man de Jose Mourinho.
José Rodríguez chega cedido ata final de tempada polo Real Madrid, nunha operación na que esta incluida a famosa “clausula do medo”, que non lle permite xogar contra o seu clube de orixe. Hoxe pasará as corrrespondentes probas médicas.
O canteirán merengue xoga na posición de mediocentro, aínda que pode actuar na de mediapunta. Jose Rodríguez é un mediocentro constructor, con moito recorrido e non está exento de calidade.
Cuenca abandona a concentración en Colombia por unha lesión
Unhas molestias sufridas no cuadrices esquerdo fan que Isaac Cuenca teña que abandoar a concentración do Deportivo en Colombia, e regresar A Coruña onde se sometara as pertinentes probas médicas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario