Víctor Fernández é o novo adestrador do Deportivo cara a tempada 14-15. Dende RCD-Deportivo, continuamos investigando sobre o técnico aragonés. Despois dun coñecendo a..., continuanos cas biografías para analizar ao novo técnico do Deportivo.
Víctor Fernández |
Estivo adestrando ós equipos xuvenís do Stadium Casabranca un par de anos, e en 1988 foi o primeiro da súa promoción cando sacou o carné de adestrador nacional. De aí deu paso directamente ó Real Zaragoza, como segundo adestrador de Radomir Antic.
Por espazo de dúas tempadas ocupou ese posto, ata que en 1990 fixose cargo do Deportivo Aragón, conxunto filial do equipo zaragocista. Esa mesma tempada, xa en 1991, substituíu a Ildo Maneiro como adestrador do Real Zaragoza, con tan só 30 anos de idade. Colleu ó equipo na xornada 25 situado na 12º posición de Primeira División e deixouno no posto 17º. Tivo que xogar a promoción contra o Murcia, pero finalmente o equipo salvou a categoría. A tempada seguinte, 1991/1992, continuou a cargo do Real Zaragoza e empezouse a gañar un nome no fútbol nacional como o adestrador máis novo e con gran proxección, deixando ao equipo en 6º lugar. Ó ano seguinte foi 9º en Primeira División e quedou subcampión da Copa do Rei tras perder na final contra o Real Madrid por 2-0.
A súa confirmación definitiva chegaría na campaña 1993/1994, na que o Real Zaragoza fixo unha segunda volta espectacular e quedou 3º na clasificación, cun xogo que namorou a toda España. Ademais, gañou a Copa do Rei ante o Celta nos penaltis, tralo empate a cero. Así quitou a espiña do ano anterior e engadiu o primeiro título ó seu palmarés. E na 1994/1995 logrou o título máis importante da historia do club: a Recopa de Europa. Derrotou na final ó Arsenal por 2-1, nun dos partidos máis emocionantes que se recordan.
Coméntase que tiña un gran equipo, pero o certo é que el xogou en papel fundamental para que aqueles xogadores marabillasen. Por exemplo, reconverteu a Gustavo Poyet, que era dianteiro, á posición de centrocampista, onde se converteu nun xogador clave. Tamén con el deron o seu máximo nivel futbolistas como Alberto Belsué, Santiago Aragón, Francisco Higuera ou Juan Eduardo Esnáider.
Víctor Fernández como adestrador do Zaragoza. |
Con todo, a súa mala relación con algúns xogadores do persoal, como Andoni Cedrún ou Miguel Pardeza, afectou ó rendemento do equipo, e na 1995/1996 só puido quedar 13º en Liga, moi por baixo do nivel de anos anteriores. A costa abaixo definitiva chegou a campaña seguinte cando foi destituído o 7 de novembro de 1996, co equipo en postos de descenso.
A seguinte tempada comezou dirixindo ao Tenerife, onde só durou 10 xornadas e foi destituído o 9 de novembro de 1997, co equipo en 13º lugar. Fíxose cargo do Celta para a campaña 1998/1999 trala marcha de Irureta ao Deportivo, onde volveu dar un gran rendemento, conseguindo sempre moi boas clasificacións, despregando un gran fútbol e convertíndose nun dos adestradores máis exitosos e queridos pola afección celeste. Nesta etapa gañou unha Copa Interoto da UEFA no ano 2000.
Víctor Fernández co Celta de Vigo. |
Víctor Fernández consigiuu dotar ao Celta dun fútbol precioso, que
non consegui alcanzar os seus obxetivos. O Celta xogou con Víctor a final de Copa en
2001, que perdeu ante o Real Zaragoza, e non conseguira clasificar ao
equipo para a Champions a pesar de contar cas mellores plantillas
da historia do clube olívico. Para o recordo quedan partidos míticos
como o 7-0 al Benfica, o 4-0 á Juve, ou aquel Celta- Mallorca no que o
conxunto celeste convertiase en lider da Liga na xornada 18. Sen
embargo, o legado que deixou foi bastante
malo, cunha plantilla envellecida, sen apostar pola canteira e coa
sensación de non ser un entrenador de clube. En Vigo, estuvo ata o ano
2002, deixando ao equipo 5º e ca espina de non haber podido disputado a
Liga de Campións.
Despois asinou polo Betis, onde fixo dúas irregulares tempadas, sen lograr meter ó equipo en postos de clasificación para a Copa da UEFA. Na 2004/2005 saíu por primeira vez a adestrar fóra de España facéndose cargo do Porto, en Portugal, que viña de gañar a Liga de Campións 2003/04 a tempada anteiror e consagrándose campión do mundo gañando a Copa Intercontinental 2004 ante o Once Caldas colombiano. Sen embargo, a metade de tempada foi cesado cando mantiña ó equipo en terceira posición.
Víctor Fernández nun adestramento co Betis. |
A campaña 2005/2006 estivo inactivo (aínda que colaborou no Carrusel Deportivo da Cadena SER). En xuño de 2006 regresa ao Real Zaragoza, con base para un novo proxecto do equipo: Agapito iglesias. Na súa presentación regresou tal como se foi: entre lágrimas. Aunque esta vez foi pola emoción de volver ao equipo do seu corazón. Firmou por 4 tempadas e na súa primeira tempada (2006/2007) conseguiu ocupar a sexta plaza, obtendo pasaporte para a UEFA.
Foi destituído como adestrador do Real Zaragoza o día 13 de xaneiro de 2008, depois de empetar na Romareda contra o Mallorca a dous. O equipo encontrábase na duodécima posición e levaba máis de oito partidos de liga consecutivos sen obter a vitoria. Ademais, fora eliminado da UEFA na primeira rolda. Na liga estaba a dous puntos do descenso e dez de competicións europeas, cando o obxetivo inicial era pelear por Europa. Tras a súa marcha, chegaron ata tres novos adestradores ao banco aragonés e o equipo acabou descendendo de categoría.
Fernández nunha roda de prensa co Zaragoza. |
Na súa despedida como adestrador do Real Zaragoza dixo emocionado que
esta sería a súa última aventura como adestrador do Real Zaragoza, polo
desgaste que tiña adestrar ao teu propio equipo. En cambio comentour que
volvería como presidente, director deportivo o cualquer outro cargo que
non fose o de adestrador.
En xaneiro de 2010, na xornada número 22, repite experiencia como adestrador do Real Betis co único obxectivo de levalo á máxima categoría do fútbol español. Con el, o Betis converteuse no mellor equipo da segunda volta ao ser o que máis puntos sumou, pero non logrou alcanzar o ascenso. Quedou cuarto, empatando a puntos con Hércules CF e Levante UD, que si subiron á máxima categoría.
En xaneiro de 2013, volve aos bancos tres anos despois da man do KAA Gent belga. A melloría dos resultados do equipo valeulle a renovación. De feito, colleu ao equipo a tres puntos do descenso e nesa tempada 2012-13 deixouno ás portas de competición europea xa que perdeu a final do playoff por xogar a Europa League. O 30 de setembro de 2013 o Gante anunciou a destitución do técnico español Víctor Fernández e o seu axudante Julián Jiménez, tras sumar tres vitorias, todas na casa, catro empates e dúas derrotas na competición ligueira.
Víctor Fernández na presentación co Gante belga. |
O 10 de xullo de 2014 comprometeuse por unha tempada co Deportivo da Coruña, logo da destitución de Fernando Vázquez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario