viernes, 12 de septiembre de 2014

ESPIANDO AO... EIBAR

Aqui empeza unha nova sección co obxetivo de analizar ao próximo rival do Deportivo.  Farase dunha forma diferente, onde veremos cal é a súa plantilla, as súas principais estrelas, o seu adestrador e os seus puntos fortes e débiles. Empezamos co próximo rival ligueiro do Deportivo, o Eibar.






Plantilla

Garitano confíará en gran parte no bloque do curso pasado. Na portería Xabi Irureta será o escollido, pero a experiencia de Jaime fará que o de Valdepeñas lle pelee o posto. Na zaga o adestrador vízcaino apostará por tres homes do curso pasado máis Abraham, que suplirá a ausencia de Yuri. Na media siguen os consolidados Daní García e Errasti,  mentres que Dani Nieto e Javi Lara deben suplir a Jota. Arrubarrena e Ángel pelearán polo posto de dianteiro.

Xogadores clave:

Estrella: Xabi Irureta

Tras varias tempadas no filial, debutou na Segunda na 08-09 (ano do último descenso) ante o Xerez, realizando un espectacular partido pese a perder 3-0. Nos seguintes anos asentouse ata convertirse nun dos pilares defensivos do Eibar. Tivo ofertas para deixar o conxunto armero, pero a súa preferencia é seguir alí. Xabi é un gardameta dos que da puntos, especialista no man a man e co dominio do xogo aéreo pese a non ser moi alto. Baixo paus é un gato, capaz de tocar o largueiro cos pés. Posee gran precisión e potencia no seu saque ca man.

Veloz: Dani Nieto



O centrocampista balear chega a Primeira tras 3 cursos en Segunda. Con unha excelente técnica individual e unha velocidade explosiva, tamén posee acerto de cara a porta. É xoven e quere facerse un oco na máxima categoría do fútbol.

Completo: Dani Garcia



Home clave mos dous ascensos seguidos, o seu teito está a aún por chegar. Dani sabe destruir e construir xogo, e renovou co Eibar pese a ter mellores ofertas ecónomicas. É moi exixente consigo mesmo e pretendee ter máis gol para ser máis completo se cabe.

Adestrador: Gaizka Gaditano


O xoven adestrador vízcaino colgou as súas botas fai apenas 5 anos, no 2009, tras xogar a súa última tempada no Deportivo Alavés. Aos poucos meses, xa formaba parte do corpo técnico do Eibar, como asistente de Ángel Viadeiro, no curso 09-10. Tras ese aprendizaxe, comezou a dirixir o Eibar B, etras dous anos no filiar armero chegou o primeiro equipo. A súa carreira é inmellorable, xa que nos seus primeiros dous anos ao frente dun equipo profesional, logrou de forma brillante dous ascensos. Garitano é un técnico ao que lle gusta o fútbol de toque, cun gran presente e un mellor futuro.


No hay comentarios:

Publicar un comentario