Segundo comenta hoxe La Voz de Galicia, o Deportivo ten na súa axenda catro dianteiros para reforzar a súa punta de ataque: o croata Nikola Kalinc, o grego Kostantinos Mitroglou, o paraguaio Antonio Sabedra e o arxentino Nicolás Blandi.
Os catro xogadores saben do interese do Deportivo e están dispostos a xogar na Coruña sempre e cando o seu clube de orixe o permita. O problema, son as escasas posibilidades ecónomicas que conta o clube para atraelos, obtendo unha cesión sen opción de compra e pagando unha parte do salario, o que complica as operacións.
Nikola Kalinic é un croata que xoga no Dnipro, no mesmo equipo que Bruno Gama. A guerra civil na que vive Ucranía podería conseguir que este dianteiro de 25 anos recalase na Coruña.
Por outra banda, un dos xogadores que máis lle interesan a Víxtor Fernández é o grego Konstantinos Mitrogolu. Actualmente xoga no Fulman , despois de que os ingleses pagasen 14 millóns por el ao Olimpiacos. Mitrogolu é un autentico home-gol, que ten chegado a xogar ca súa selección no pasado Mundial de Brasil. O Deportivo ten ao seu favor o descenso do clube británico para contratatalo, pero haberá que ver se é quen de pagar a alta ficha do xogador.
A terceira opción é Antonio Sanabria, un futbolista paraguaio que actualmente xoga nas filas da Roma. O clube italiano estaría pensando ceder ao dianteiro do 18 anos para que puidese explotar como futbolista. Aí é onde entra o Deportivo, que sería sen dúbida a súa aposta para a tempada 14-15.
Finalmente, a última opción trátse de Nicolas Blandi. O punta de 24 anos, xoga en San Lorenzo de Almagro, onde chegou procedente de Boca Juniors.
No hay comentarios:
Publicar un comentario