Juan Domínguez e Rabello tiveron que separar os dous xogadores para que non fóran a máis.
O xogador portugués Luisinho proporcionoulle unha bofetada a o seu compañeiro Juan Carlos no adestramento desta mañá do Deportivo nos campos de Abegondo. A acción que desencadeou o icidente prodúcese nun exercicio de circulación de balón, no que o defensor luso fixo unha entrada brusca o canteirán, que recriminoulle a xogada. Entón Luisinho, que acaba de cumplir catro partidos de sanción por insultar ao xuíz de liña, encarouse con Juan Carlos e acabou dándolle unha bofetada.
De contado, Juan Domínguez e o chileno Bryan Rabello acudiron rapidamente para separar a os dous futbolistas e segundos máis tarde chegou Carlos Marchena. O defensa andaluz recríminoulle a acción a Luisinho.
Co lateral dialogou o adestrador Fernando Vázquez, que non parou a sesión de traballo, mentres que o capitán do equipo, Manuel Pablo, mandou calar a Luisinho. O entrenamento, co que o equipo coruñés prepara a visita ao Real Madrid Castela, continou con normalidade ata o remate da sesión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario