martes, 8 de julio de 2014

O Deportivo destitue a Fernando Vázquez

O Deportivo decidiu destituir ao adetrador Fernando Vázquez por falta de confianza; depois de que a semana pasada , nunha charla que ofrecera nun campus, queixouse da política de fichaxes do clube.




O Deportivo infomou nun comunicado que "decidiu prescendir dos servicios do adestrador de Castrofeito por falta de confiaza por parte do Consello de Administración". O xa ex-adestrador do Deportivo, Fernando Vázquez colleu as rendas do equipo herculino en febreiro do 2013 e que, tras no podelo salbalo do descenso de categoría a Liga Adelante, estivo a piques de conseguir o milagre. Na tempada seguinte, conseguiu retornar ao equipo a máxima categoría do fútbol español.

O presidente do Deportivo, Tino Fernández, reuniuse este martes pola mañá co adestrador na sede do clube e trasladoulle a decisión.

A secretaría técnica deberá encontrar agora un novo adestrador para a pretemporada que iniciará o próximo 14 de xullo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario