miércoles, 25 de junio de 2014

E agora... A quedarse en Primeira¡

O Deportivo necesita afrontar unha remodelación para evitar conoverterse no equipo ascensor do fútbol español.


O Real Madrid e o Barcelona volverán a pisar o estadio de Riazor.



Á direción deportiva do conxunto branquizul quedalle agora un duro traballo para remodelar a plantilla de cara ao novo reto na Primeira División. Fan falta caras novas, xogadores de máis calidade, para non volver caer nos erros do pasado. O clube branquiazul descendeu nas duas últimas tempadas que xogou en Primeira Divsión. Hai que evitar por todos os medios convertirse no equipo ascensor do fútbol español.

O que é seguro é que Fernando Vázquez continuará como adestrador do Deportivo. Ganouse co traballo realizado na última tempada, a pesar das limitacións da plantilla. Na portería, Lux é un porteiro de garantías, pero haberá que convencelo para que renove. Na defensa, fan falta elementos novos. Sobrertodo nos laterais, onde o equipo sufriu nas últimas tempadas. Insua demostrou que a Segunda División quedalle pequena, pero hai que rodealo de xogadores máis experiencia e calidade. No centro do campo, non está claro o futuro de Xoan Domínguez e fan falta xogadores de banda, tan carentes de eles durante toda a tempada. Na parte de arriba, é imprescindible dotar o equipo de gol, pois é o que marca as diferenzas en Primeira.

En difinitiva, reforzar todas as parcelas do equipo, pois o clube non pode permitirse o luxo de sufrir outro descenso de categoría.

Razóns de peso
A afición merécese unha tempada tanquila en Primeira División, despois do sufrimento padecido nos últimos tres anos. Descenso en 2011, ascenso en 2012, descenso en 2013 e agora de novo ascenso en 2014. Unha montaña rusa de emocións na que sempre estivo presente a unha media de vinte mil espectadores nas gradas de Riazor.

Pero ademais, a permanencia en Primeira é necesaria para poder cumplir os compromisos pactados. Hai que pagar a enorme deuda e eso só se consegue mantendo ao equipo na élite. Os ingresos por televisión son infinitivamente inferiores aos de Segunda e a deuda con Hacienda (cerca de 100 millóns de euros) hai que pagala en oito anos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario