viernes, 4 de abril de 2014

Deak, convocado polas molestias de Marchena

O serbio entra na convocatoria de forma urxente polas molestias na cadeira dereita de Marchena.




Na convocatoria de onte citada por Fernando Vázquez, Marchena entraba na lista sen ningún tipo de problema. Pero hoxe, no adestramento desta mañá nos campos de Abegondo, Carlos Marchena finalizouno cunhas molestias na cadeira dereita. Foi un lance que sucedeu nos últimos minutos do partidillo co que finalizaba o adestramento, co que o Deportivo prepara a súa visita o Real Madrid Castela.

Ista circunstancia fixo que Fernando Vázquez tivese que convocar de forma urxente ao central do fabril Stefan Deak. A baixa por lesión de Pablo Insúa e a de Aléx Bergantiños,que pode xogar perfectamente como central, e sumada as novas molestias de Marchena; fan que Fernando Vázquez teña que tirar do filial para poder completar a convocatoria no aspecto defensivo.

Ademais, Sissoko completeu con normalidade a sesión de traballo,desde que o mercóres se rebaixou a intensidade do adestramento, pol que on futbolista cstamarfileño está a disposición de Fernanddo Vázquerz.

CONVOCATORIA COMPLETA:

Porteiros: Lux e Fabricio

Defensas: Laure, Manuel Pablo, Luisinho, Marchena, Seoane, Lopo e Stefan Deak.

Centrocampistas: Wilk, Núñez, Juan Carlos, Juan Domínguez, Rabello e Sissoko.

Dianteiros: Arizmendi, Luis Fernández, Ifrán e Borja Bastón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario